O Consello da Cultura Galega avanza a súa programación para 2021

Rosario Álvarez interviu no Parlamento na comisión do proxecto de lei de orzamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A presidenta do Consello da Cultura Galega avanzou este mércores a programación da institución para 2021. Fíxoo no marco das sesións informativas vinculadas ao proxecto de lei de orzamentos. Segundo Rosario Álvarez, o CCG acometerá diferentes liñas de traballo, como a vixencia da cultura galega medieval, os dereitos culturais e lingüísticos, a igualdade e a inclusión, a proxección exterior da cultura galega xunto co fomento da cultura científica, a creación e o pensamento contemporáneos así como a defensa do patrimonio material e inmaterial. O orzamento da institución para o próximo ano é de 2.782.982 euros, 25.919 euros máis que en 2020.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, Igualdade, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)