A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, comparecía este 3 de novembro ante a Comisión Terceira de Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia para dar conta da actividade da institución e adiantar as propostas para 2022. Cuns fondos previstos de 2.782.982,00 euros, 59.418,00 euros máis que en 2021, o Consello da Cultura non contará con fondos extras para abordar novas actividades, xa que o incremento se dedicará en exclusiva a cubrir os gastos propios da institución.
Como novidades para o vindeiro exercicio, o CCG iniciará un novo Plan de Acción Exterior (PAE), que pretende "actuar na internacionalización da cultura galega, en atención aos dereitos culturais dos cidadáns galegos e galegas, pero tamén en proxectar a cultura galega fóra das comunidades de emigrantes". O programa contará cun cento de actuacións e desenvolverase ao longo de dous anos.
A seguir a estratexia de concentrar en cada ano as accións institucionais en catro eixes, en 2022 o traballo da entidade centrarase na memoria sobre o proceso de constitución da autonomía, nos medios de comunicación do país, no patrimonio e a cultura marítima e mais na inclusión no ámbito cultural.
Segundo adiantou Álvarez, a primeira destas liñas de acción realizará unha análise e abordará a memoria dos diferentes sectores que transformaron a sociedade e a cultura galegas durante o final do franquismo e a posta en marcha do sistema autonómico. Dentro desta proposta desenvolverase unha crónica sonora da transición en formato podcast e xornadas arredor dos inicios da industria musical, entre outras propostas. No ámbito da cultura marítima, pola súa banda, realizaranse varias xornadas arredor da problemática e da recuperación do patrimonio inmaterial deste campo, e porase en marcha unha exposición a documentar as últimas viaxes transatlánticas cara ao Reino Unido.
No ámbito dos medios de comunicación o Consello ten previsto presentar varios informes sobre os hábitos emerxentes en relación a estes espazos e o seu papel na transición galega. Ademais, conmemorará o 75 aniversario do inicio do Galician Programme, emisións en lingua galega na BBC. Como cuarto eixe, a entidade quere abordar a cuestión da igualdade e da inclusión na cultura galega, nomeadamente en cuestión de idade e mais no ámbito territorial.
Canda a estas propostas, o CCG manterá o seu traballo habitual, tanto no campo de arquivo e hemeroteca como en accións vencelladas á memoria viva, entendida como "homenaxes e actuacións encamiñadas á revitalización e difusión cultural". O Concerto das Letras Galegas, ou as homenaxes a Delgado Gurriarán, polo Día das Letras Galegas son outras accións previstas.
A repasar o traballo desenvolvido durante 2021, Rosario Álvarez apuntou que se realizou un total de 87 actividades, 27 máis que en 2019. Destas, o 78% foron presenciais e un 24% tiveron lugar fóra da sede da institución. Ademais, presentouse a exposición Afonso X e Galicia, que itinerou por boa parte do país, e lanzáronse 17 publicacións. No campo do asesoramento presentáronse dous barómetros sobre o impacto da Covid-19 na cultura, un estudo sobre as bandas populares e unha nova conxuntura estatística do sector para este mes de novembro.
Informes como o do topónimo Ría de Ribadeo, a liña eléctrica de alta tensión Lousame-Tibo ou as declaracións de Ben de Interese Cultural da Casa de Cornide, o Adro Vello, a biblioteca de Pardo Bazán ou o posible traslado das estatuas mateanas do Pazo de Meirás, ademais doutros 28 estudos de impacto ambiental completaron o traballo da institución ao longo do último ano.