A Coordinadora de Equipos de Normalización denuncia incidentes coa enquisa da lingua

A resolución do TSXG motiva interpretacións dispares

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O reparto das enquisas encol do galego no ensino está a provocar diversos incidentes en centros de ensino de todo o país. Deste xeito, a Coordinadora de Equipos de Normalización denunciou que directores de centros recibiron chamadas para que non distribuísen trípticos informativos, que houbo ameazas de apertura de expedientes por este motivo e outros incidentes. Precisamente a resolución do Tribunal Superior de Xustiza encol da orde de Educación sobre como distribuir estas enquisad motivou interpretacións contrapostas entre esta consellaría e a CIG-Ensino. Finalmente, hoxe son os docentes de galego de Barcelona os que se sumaron ás protestas contra o proceso de consulta aos pais.

Pola súa banda, desde a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística anuncian a celebración o vindeiro 27 de xuño dunha Xornada de formación en dereitos e estratexias lingüísticas, que pretende achegar argumentos para o debate social na defensa do galego. O encontro celebrarase no Centro Sociocultural do Ensanche, en Compostela.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, TSXG, Educación, CIG...