O TSXG recoñece o dereito dos centros a informar sobre a enquisa do galego

Continúan os pronunciamentos contra o proceso de consulta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os centros de ensino poden realizar actos divulgativos e repartir información encol da enquisa sobre o galego no ensino. Así o recoñeceu o Tribunal Superior da Xustiza de Galicia no auto co que responde a reclamación do sindicato CIG-Ensino encol da prohibición de achegar calquera tipo de información sobre este proceso. Precisamente o Movemento polos Dereitos Civís facía público onte a súa protesta antes esta orde de Educación. Xa antes deste fallo o Consello Escolar do IES de Valga, o do CEIP Rúa de Cangas en Pontevedra e a maioría do claustro do Pintor Colmeiro de Silleda denunciaron que o xeito en que se está a realizar a enquisa impide obter datos fiables. Pola súa banda PSOE e BNG denunciaron o despilfarro que supón esta iniciativa, que valoran en 300.000 euros.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, TSXG, Colmeiro, Educación...

Claves

Protagonistas
Entidades