Un cento de directores de centros de ensino de todo o paÃs reclamáronlle á ConsellarÃa de Educación o pasado venres ser eximidos de custodiar e repartir a enquisa sobre lingua no ensino, por considerar que a tarefa non entra nos seus cometidos. Ao tempo, denunciaron que o cuestionario é "tendencioso" e que carece de garantÃas xurÃdicas. Ao dÃa seguinte foi Asociación de Nais e Pais polo Ensino en Galego os que reclamaron que se manteñan o programa de innovación educativa de introdución do galego en contextos castelanfalantes. O pasado venres coñeceuse que se suspendÃan as axudas para os centros acollidos a este programa de inmersión na nosa lingua.
O último colectivo en se sumar ás reclamacións foi a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, que publicaba esta mañá un manifesto no que sinala que "o galego é unha especie ameazada: o seu futuro non pode someterse a referendum". No texto, o colectivo ecoloxista compara a situación do galego co dunha especie en perigo e denuncia que " non está garantida a súa supervivencia, malia que nos digan que todo vai ben".