A enquisa sobre lingua no ensino redúcese a 4 preguntas

Os 330.000 exemplares comezarán a se repartir o vindeiro venres

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O conselleiro de Educación deu a coñecer esta mañá a polémica enquisa para coñecer as preferencias dos pais sobre a lingua do ensino dos seus fillos.O texto recolle catro preguntas básicas que, con pequenas modificacións, deberán contestar os titores dos alumnos matriculados en FP, Secundaria, Primaria e Infantil. As cuestións refírense ás preferencias en canto a lingua para as materias troncais, os libros de texto e outros materiais, os exames e a posibilidade de que se impartan materias en inglés. En total distribuiranse, a partir do vindeiro venres, 330.000 exemplares do cuestionario, que levarán os propios alumnos ás súas casas.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Secundaria, Educación

Claves

Lugares