Primeiro retiraron as axudas aos centros que mantiñan a inmersión en galego (co que se pasou de 44 colexios a uns trinta) e agora acaban de suprimir definitivamete a opción de que os pais optasen porque os seus fillos recibiran as clases (na etapa de infantil) na nosa lingua. A ConsellarÃa de Educación rematou asà coa iniciativa que inaugurou o bipartito no ano 2006 cunha circular que remitiu aos centros. Ao mesmo tempo, prepara a orde que regula a creación de centros plurilingües, entendendo por tales aqueles que impartan materias en linguas estranxeiras ata un máximo de un tercio de horario semanal, e que contarán cun incremento do presuposto dos seus gastos de funcionamento.