A Xunta convoca as axudas para fomento de galego no ensino

Os centros de ensino públicos poden solicitalas ata o 30 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Ao igual que o pasado ano, son 300.000 euros os que se distribuirán entre os centros de ensino públicos para fomentar o uso da nosa lingua. A Consellaría de Educación abre, ata o 30 de xaneiro, a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización lingüística de colexios e institutos de Galicia. A calidade do proxecto e o número de alumnos do centro preséntanse como principais criterios a valorar para outorgar as axudas, así como a implicación dos membros da comunidade educativa, o emprego de novas tecnoloxías ou a colaboración con entidades externas ao centro.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación, Consellaría de Educación, Lingua galega

Claves

Lugares