O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego en centros de ensino públicos e privados do paÃs. No primeiro dos casos, os centros dispoñen dun mes para acceder a esta liña, que está dotada ao igual que nos últimos anos, con 300.000 euros. Pola banda dos centros privados, a convocatoria prevé un orzamento de 22.600 e un prazo idéntico. Entre os criterios que se valorarán está a calidade do proxecto e o número de estudantes, con puntos polo emprego de novas tecnoloxÃas, a participación de persoas da comunidade educativa e foráneas, ou a colaboración con outros centros de ensino.