A Xunta mantén a partida para apoio ao galego no ensino público

Distribuiranse 300.000 euros cun máximo de 800 por centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para proxectos de fomento do uso do galego en centros de ensino públicos non universitarios. En total, destínase para este fin unha partida de 300.000 euros, unha contía igual a da convocatoria de 2013. Os interesados en participar nesta convocatoria teñen un mes para presentar as súas solicitudes, na que deberán incluír un estudo sociolingüístico do centro e da súa contorna, establecer uns obxectivos para mellorar a situación da nosa lingua e detallar accións para acadar os mesmos. A contía máxima que poden recibir os centros de maior tamaño ao abeiro destas axudas é de 800 euros.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares