A Xunta convoca as axudas para a dinamización da lingua no ensino

Mantén a contía dos apoio aos centros públicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os equipo de dinamización lingüítica dos centros de ensino públicos do país poderán optar a un total de 300.000 euros de axudas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou as liñas de subvencións á actividade destas entidades, para as que manten a contía do pasado ano. Tamén os equipos de centros privados contan cunha liña de apoio, dotada neste caso dun total de 22.600 euros. A Secretaría tamén fixo pública unha convocatoria para proxectos anovadores de dinamización da nosa lingua, que distribuirá, ao igual que en anos anteriores, 10.000 euros entre cinco iniciativas deste tipo. O prazo de solicitude para as convocatorias está aberto.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística