O apoio á normalización no ensino diminúe nun 70 por cento este ano

Os centros non unversitarios contarán con 268.000 para actividades

26/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: linguaeducación
44 lecturas | Compartido 0 veces

Un total de 250.000 euros para desenvolver actividadades de fomento da lingua galega nos centros de ensino non universitario públicos e 18.000 nos privados. Esta é a contía das axudas que outorga este ano a Consellaría de Cultura e Educación e que publicaba onte o Diario Oficial de Galicia. O orzamento supón unha diminución do 70% a respecto da anterior convocatoria, cando se investiu un total de 850.700 euros. Previamente á publicación, esta mesma semana a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lle reclamaba ao secretario xeral de Política Lingüística que estas convocatorias se volten facer no mes de setembro, xa que a demora dificulta a organización de actividades.

Os interesados en solicitar estas axudas teñen ata o vindeiro 25 de febreiro, e poderán optar a un máximo de 1.250 euros nos centros que conten con máis alumnos. Este recorte súmase a outros axustes no campo da normalización, como o apoio ás actividades nos concellos ou o da edición de materiais didácticos na nosa lingua.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Política Lingüística, Lingua galega, Educación