AGADIC convoca as axudas ao talento audiovisual

A partida conta cun orzamento de 145.000 euros

8/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Trece proxectos repartirán os 145.000 euros das subvencións para a promoción do talento audiovisual galego. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais, que mantén a contía do pasado ano. As subvencións distribuiranse entre as dirixidas á escrita de cinco guións (25.000 euros), a produción de cinco curtametraxes (30.000 euros) e a realización de tres longametraxes por directores noveis (90.000 euros). Como novidade, e a atender propostas do sector, poderán presentarse á convocatoria creadores que xa recibisen a axuda o pasado ano. Os interesados teñen ata o oito de maio para presentar a súa solicitude.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais