A Axencia galega de Industrias Culturais publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria anual das subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Con esta liña en réxime de concorrencia competitiva, a axencia gobernamental quere impulsar a creación de obras audiovisuais en galego a través do apoio á escrita de guións, á realización e posprodución de curtametraxes e á produción de longametraxes, co fin último de promover o sector creativo da industria audiovisual galega e, ao mesmo tempo, contribuÃr ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega. O orzamento desta convocatoria é o mesmo que no ano anterior, quedando en 194.000 euros a repartir entre 2022 e 2023. Na anterior xeira estas axudas ata 19 proxectos audiovisuais obtiveron apoio publico da liña ao talento. As bases destas subvencións contemplan varias modalidades beneficiarias. Desde proxectos de escrita de guión para a realización dunha obra audiovisual; realización de curtametraxes, longametraxes e webseries.
Presenza no MAFIZ de Málaga
Dentro das polÃticas de apoio ao audiovisual a Xunta tamén de ven de instalar por vez primeira un posto no MAFIZ (Málaga Festival Industry Zone) do festival de Cine de Malaga. Alà o público profesional acreditado no Festival poderá achegarse á produción audiovisual galega de cinema e televisión actual a través do expositor propio e os profesionais galegos desprazados poderán propiciar os seus contactos de traballo e difundiranse os novos catálogos Films from Galicia e Shorts from Galicia, editados pola ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade. O MAFIZ se desenvolve entre os dÃas 21 e 24 como punto de encontro prioritario para produtoras, canles de televisión, distribuidoras, empresas dedicadas á comercialización e prensa especializada.