A Axencia Galega das Industrias Culturais fixo pública a resolución das subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. En total son 15 novos proxectos de escrita de guión e de produción de curtas e longametraxes, dous máis que no pasado ano, os que reparten os 150.000 euros con que conta esta liña de axudas, que viu incrementada a súa contía nun 7,5 por cento a respecto de 2018. Dos mesmos, 30.000 euros destínanse á escrita de seis guións de longametraxes cinematográficas en galego, 36.000 euros á realización de seis curtametraxes en versión orixinal galega e 90.000 euros a tres proxectos de longametraxes con dirección novel, segundo explica a Agadic.
O auto das ánimas, segunda longametraxe de Diana Toucedo, o documental Luz Fandiño, a poeta analfabeta de Sonia Méndez; e Jacinto, de Vizuals Lab con dirección de Javi Camino son os proxectos de longametraxes que contarán con estes fondos.
No caso das propostas de escrita de guión, os seus proxectos seleccionados foron Antoloxía de inverno, de Lara Bacelo; As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns; Algo parecido á felicidade, de Álvaro Gago; Fame e febre, de Javier Ferreiro López; Queroseno, de Eloy Domínguez Serén, e Insectos, de Alfonso Vázquez Cortizo.
Finalmente, outras seis curtametraxes contarán con cadanseus 6.000 euros para se desenvolveren. Trátase de Mércores de cinza, de Nuria Mosqueira; Hai unha virxe alí arriba, de Brandán Cerviño; A miña terra, de Santiago Diéguez Risco; Monte Bravo, de Noelia Muíño; Unha noite marabillosa, de Iván Torres Hernández, e Unidade veciñal, de Antonio García Mejuto.