Trece proxectos reparten as axudas ao talento audiovisual

A Axencia Galega das Industrias Culturais distribuiu 145.000 euros nesta convocatoria

5/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cinco proxectos de escrita de guión, cinco de realización de curtametraxes e tres proxectos de longametraxes distribúen os 145.000 euros das axudas para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) facía pública onte a resolución desta convocatoria, que lle outorga cadanseus 30.000 euros a aos proxectos de longametraxes 9 fugas, de Fon Cortizo, Ursúas, de Roi Fernánez e Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld. Pola súa banda, os cinco proxectos de curtametraxes, Matria, de Álvaro Gago, A carta xeométrica, de Miguel Mariño, Exhalación, de Alberto Díaz López, Sendeiro, de Lucía Estévez, e Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana Gómez-Díaz. levan 6.000 euros cada un. Os cinco proxectos de guión seleccionados recibirán pola súa banda cadanseus 5.000 euros.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Guión, Álvaro Gago, Fon...