Hoxe ábrese o prazo de solicitude para acollerse a dúas liñas do programa de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ao sector para 2017, que estará aberto ata o 25 de xaneiro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado dÃa 23 as bases das axudas dirixidas á promoción do talento audiovisual galego e á actividade das salas privadas de artes escénicas. A Agadic mantén a dotación de 145.000 euros destinada ás subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. Establécense tamén as mesmas modalidades que en anos anteriores para apoiar 13 novas propostas en versión orixinal galega. AsÃ, 25.000 euros resérvanse para impulsar a escrita de cinco guións, 30.000 euros para a produción doutras cinco curtametraxes e 90.000 euros para a realización de tres longametraxes por directores noveis. En canto ás subvencións para a actividade e o funcionamento das salas de artes escénicas de titularidade privada, resérvase a mesma partida orzamentaria de 70.000 euros que o ano pasado, co lÃmite de concesión de 30.000 euros por cada entidade beneficiaria e ata o 50 por cento do orzamento do proxecto presentado.
A estas dúas convocatorias sumaranse nos vindeiros meses as do resto de apartados do programa anual de subvencións públicas que a ConsellerÃa de Cultura e Educación xestiona a través da Agadic para impulsar os distintos procesos relacionados coa produción cultural, a súa promoción e a súa chegada ao público. Entre elas, as axudas a produción escénica, distribución interior e exterior de espectáculos, produción e coprodución audiovisual, desenvolvemento de proxectos audiovisuais ou festivais audiovisuais, de música e de artes escénicas.