O departamento de FiloloxÃa Galega e Latina da Universidade de Vigo, acaba de facer pública unha carta ao presidente da Xunta onde lembra que "hoxe existen amplos sectores xuvenÃs urbanos que son incapaces de falar galego, e non son libres para elixir en que lingua falar", e acusa a Feijóo de "crear un conflito social inexistente". Pola súa banda, o departamento de Galego-Portugués da Universidade da Coruña sinala que a enquisa aos pais sobre a lingua no ensino "resulta de dubidosa legalidade", ademais de que considera "imposÃbel que se garanta o coñecemento e o uso do galego reducindo a xa escasa docencia en galego". Ao tempo, directores de centros de ensino de Compostela e Pontevedra denunciaron o procedemento de realización das enquisas. A cuestión xa foi denunciada polo o sindicato CIG-Ensino ante Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mentres o STEG tamén anunciou unha vindeira denuncia ante a prohibición da Xunta de que os docentes opinen ou informen sobre a consulta.