Co título de Nova Escola Galega opina: A cuestión lingüística, este colectivo de renovación pedagóxica acaba de publicar un texto no que reflexiona polo miúdo encol das medidas que a Xunta anunciou sobre o galego no ensino. Entre outras cuestións, no texto denúnciase a imposibilidade de optar por un ensino totalmente en galego na enquisa que se lle está a distribuír aos pais de alumnos, ou que o goberno galego "pretende aplicar os criterios das leis do mercado tamén á cultura e á lingua". Pola súa banda, o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago envioulle unha carta ao presidente da Xunta na que denuncia que o goberno "incorre nunha grave responsabilidade ao trasladarlles aos pais e nais decisións que lles corresponden aos poderes públicos, colocando a lingua galega como motivo de división social e creando un conflito que non existía ata o de agora". O texto, aprobado por unanimidade, reclama medidas que garantan a presenza da nosa lingua no ensino. Segundo adianta Vieiros, departamentos homólogos das outras universidades do país preparan cadanseu texto nesta mesma liña.
Nova Escola Galega súmase ás reflexións sobre galego no ensino
O Departamento de Galego da USC súmase ás protestas
13 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Nova Escola Galega, USC, Lingua galega...