A función pública e o ensino infantil concentran as últimas protestas sobre lingua

Unha mobilización ante o parlamento reclamaba o coñecemento de galego na función pública

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As portas do Parlamento acollían esta mesma mañá unha mobilización de sindicatos e mais da Mesa pola Normalización contra a eliminación da proba de galego nos exames de acceso á función pública. Esta é só unha máis das protestas que se están a suceder nos últimos días ante as diferentes medidas que a Xunta está a anunciar encol da nosa lingua. Deste xeito, tanto o Instituto da Lingua Galega coma a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística amosaron a súa oposición a estas propostas e ao retroceso que supoñen para a situación da nosa lingua. Tamén está a provocar oposición a orde que regula o segundo ciclo de educación infantil (de tres a seis anos), xa que no texto que se aprobou onte só se recolle o emprego da lingua maioritaria no contorno, fronte ao rascuño existente que establecía un mínimo do 50% en galego. O sindicato CIG-Ensino xa anunciou un recurso contra esta orde, que infrinxe o decreto sobre lingua no ensino aínda vixente.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación Infantil, Normalización Lingüística, Lingua galega...