A RAG chama ao cumprimento do Plan de Normalización

A Academia amosa a súa preocupación polo retroceso no emprego da nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Preocupada polos recentes datos que confirman un retroceso no emprego da nosa lingua, a Real Academia Galega acaba de facer pública unha declaración institucional encol desta cuestión. Así, a RAG apunta dez accións ao seu ver necesarias para recuperar o galego, entre elas, reclama o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, medidas de apoio para a facilitar a transmisión interxeracional ou que se esixa o coñecemento da lingua para acceder á función pública.

Ademais, a institución fai un chamamento a familias e individuos para que empreguen o galego, e salienta asimesmo que "urxe unha reflexión seria, cómpre un novo impulso para evitar o desafiuzamento do galego da súa propia casa, Galicia. Un marco normativo máis axeitado, pero sobre todo, un discurso renovado, positivo e proactivo", no que, segundo lembra, é papel da Xunta de Galicia "tomar a iniciativa e liderar o esforzo social para seguirmos avanzando".

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os polos da lingua

Os polos da lingua

As actitudes a prol e en contra do galego polarizáronse nos últimos anos na nosa sociedade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Real Academia Galega, Xunta de Galicia, Lingua galega...