
Deste xeito, os datos alertan tamén da tendencia negativa xa que "se na análise se ten en conta a poboación máis nova, desde os 5 anos, e se detén nos 65, a lingua inicial maioritaria empeza a ser o castelán (38% fronte ao 34% do galego e o 28% de ambas), que é tamén o idioma que emprega habitualmente unha maior proporción nesta ampla franxa de idade que conta coas xeracións máis novas".
Ante estes datos, e segundo explica Henrique Monteagudo, coordinador do Seminario de SociolingüÃstica da RAG, "a nosa ética profesional, na liña da acción continuada da Real Academia Galega canto entidade legalmente encargada da defensa e ilustración da lingua galega, obrÃgamos a lanzar a voz de alerta, unha voz que quere ser alentadora, pero que non pode deixar de expresarse en tons de alarma". A publicación inscrÃbese nunha liña de investigación emprendida pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración co Seminario de SociolingüÃstica da RAG que deu pé xa a diferentes publicacións sobre estas cuestións.