Os consensos que deron pé á Lei de Normalización e mais ao Plan Xeral de Normalización Lingüística están en cuestión. Entre un 10 e un 20 por cento da poboación galega ten actitudes negativas e belixerantes contra a nosa lingua. A maior parte da poboación amosa unha visión positiva encol da promoción do galego mais non desenvolve posicións activas na súa defensa. Estas son algunhas das análises que realizou Carlos Neira a partir de datos recentes sobre as actitudes encol do galego, unhas conclusións que presenta hoxe nos XIII Encontros de Normalización que comezan hoxe.
En 2009 o Consello da Cultura realizou a enquisa As actitudes lingüísticas en Galicia, coa que pretendía obter unha visión do xeito no que a poboación do noso país concibe a lingua, a lexislación ao respecto ou os procesos de normalización entre outras cuestións deste ámbito. A enquisa, realizada en pleno debate social encol do Decreto para o Plurilingüismo do Ensino, amosa unha polarización nas opinións da nosa sociedade sobre a lingua. Carlos Neira analizou eses datos e agora presenta as súas conclusións no marco dos XIII Encontros de Normalización de Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega e que se celebran hoxe e mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.
A identidade e a lingua
A partir dos datos analizados, Neira advirte dunha forte relación entre a idea de identidade que teñen os enquisados e mais a súa relación coa lingua. A identidade é o principal eixe que define o conxunto de actitudes de cara ao galego, explica. É dicir, que para alén doutros condicionantes, basicamente aqueles que se sinten máis galegos son quen defenden con máis forza a nosa lingua, mentres á contra, as persoas que se identifican máis cunha identidade española teñen unha actitude menos positiva para a nosa lingua. Existe unha parte minoritaria aínda que significativa da poboación, entre o 10 e 20 por cento, que está en activamente en contra da promoción e do emprego do galego, advirte Neira. Este grupo posúe ademais rasgos característicos que os relacionan cos sectores máis poderosos e influíntes da sociedade. Fronte a eles, as actitudes belixerantes e reactivas ante os ataques ao galego veñen dunha parte moi definida da poboación a nivel identitario e político, é dicir, de persoas que polo xeral se definen como galeguistas ou nacionalistas. Posiblemente haxa máis xente do lado favorable no que da banda dos detractores, conclúe.
A maioría favorable
Fóra das posicións máis polarizadas, unha ampla maioría da poboación amósase favorable a que se tomen medidas de difusión e apoio ao galego. Neira advirte, no entanto, que dentro desta maioría prodúcese un fenómeno de desexabilidade social, é dicir, a xente contesta o que se considera politicamente correcto. Neste caso estase a favor de algo cando non custa nada, sinala. Deste xeito, malia a que estas actitudes positivas son maioritarias, realmente non implican unha posición proactiva ou firme na defensa da lingua. Trátase dunha maioría silenciosa que non toma partido polas posicións máis activas a favor nin por aqueloutras que atacan a lingua. Nese sentido, os datos revelan que é nas áreas máis afastadas da acción individual onde existe un maior consenso sobre a necesidade de apoiar e favorecer o galego. Onde o apoio á lingua está mellor visto é en áreas como a administración ou o ensino, a xente quere que o galego exista, pero a nivel individual as actitudes son diferentes. Diríase que o discurso sobre a liberdade individual callou en boa parte da sociedade e cuestións como a da toponimia exclusivamente en galego, que era algo consensuado no momento da Lei de Normalización, empezan a ser cuestionados en amplos sectores, advirte Neira. A inercia actuou illando máis os defensores da lingua do que aos detractores, e as posicións máis fortes a prol do galego fican separadas do conxunto da sociedade.
A visión patrimonial
Este investigador sinala ademais que dentro das actitudes positivas encol da nosa lingua predominan as concepcións sobre a mesma vencelladas á tradición e ao patrimonio. Isto por unha banda pode ser positivo, pero ao tempo outórgalle ao galego connotacións negativas e vencéllao co pasado. En relación a isto, Neira salienta un segundo eixe que determina as actitudes sobre a nosa lingua e que está vencellado estreitamente coa situación económica e social dos enquisados. Este é o segundo vector en importancia á hora de conferir esa actitude. Cuestións como vivir nun concello máis urbano ou máis rural, a idade ou o nivel de poder socioeconómico determinan o xeito no que se percibe o galego. O galego asóciase coas capas de poboación máis idosas e agrarias, mentres é nas máis podentes e modernas onde se dan as actitudes máis contrarias ao idioma.
Momento de conflito
Débese ter en conta, no entanto, que datos da enquisa que manexou Neira responden a un momento de conflito social encol da lingua especialmente intenso. O cuestionario realizouse xusto entre as dúas maiores mobilizacións en defensa da nosa lingua dos últimos anos e en pleno debate sobre o Decreto para o Plurilingüismo no Ensino, nun momento no que a cuestión lingüística estaba na rúa e as posicións podían estar especialmente polarizadas. Ante a falta de pronunciamento desta maioría, toman a voz os sectores máis estremos, tanto aqueles que favorecen retrocesos nas leis encol do galego como aqueles que defenden o consenso que existía arredor da Lei e do Plan Xeral de Normalización, explica. Na enquisa cáptase unha polarización neste sentido. Posiblemente houbese xente sen unha posición moi activa que se mobilizou a raíz dos ataques ao galego.
A visión da normalización
De xeito curioso, a mesma maioría que ve ben o apoio ao galego valora de xeito negativo as políticas que se fixeron a prol da nosa lingua. A xente percibe que non foron boas nin as que se desenvolveron co PP nin as do bipartito, unhas por defecto e outras por exceso. Á maioría non lles valen as actitudes estremas á hora de obter novas posicións para o galego. A raíz da súa análise, Neira apunta que o corpo social maioritario está nunhas coordenadas diferentes ás dos grupos que atacan e dos que defenden o galego. Aí existen propostas novas que se poden facer, como a que realizou Henrique Monteagudo sobre o bilingüísmo restitutivo. Deste xeito, póñense en cuestión as propostas de normalización que se viñeron desenvolvendo no noso país. Esa maioría podería valorar positivamente conceptos como o emprego de cortesía das linguas ou a liberdade individual, sen que isto para min teña nada que ver coa posibilidade de que os pais escolla lingua no ensino. Semella que se tende a evitar o que implique conflito e valórase o que lle dá a persoa certas marxes de decisión, e isto son os empregos cotiáns e non os relativos á planificación lingüística.
Novos xeitos de intervención
Ante estes datos, Neira sostén a necesidade de enfocarmos o esforzo da normalización noutro ámbito. As posicións vencelladas a perspectivas identitarias son inamobibles, non van mudar nin a sumar novos individuos, e a maior parte da poboación non está aí. Ese é o campo no que se debería actuar, hai que tentar novos escenarios, explica. Nese sentido, advirte que esta nova perspectiva pasa por revisar o xeito de actuacións na promoción da lingua. Hai unha certa visión tradicional desde a cultura e do ámbito galeguista encol das posibilidades da administración para conseguir cambios de alcance en cuestión como a lingua. Eu penso que esas mudanzas veñen máis por actitudes individuais, polo comportamento en determinados círculos, o saber estar e a cortesía. Onde a xente, e especialmente a mocidade, se recoñece e establece relacións interpersoais é onde o galego ten unha presenza máis pobre. A música, as discotecas, o lecer ou o comercio son ao meu ver espazos clave sinala, ao tempo que recoñece a dificultade de actuar neste sentido. É difícil mudar os usos lingüísticos nestes ámbitos sen partir dunha actitude indiviudal, políticas fortes nese sentido poderían ser mesmo contraproducentes. A cuestión sobre a necesarias novas políticas lingüísticas fica aberta.
Programa dos XIII Encontros de Normalización Lingüística.En 2009 o Consello da Cultura realizou a enquisa As actitudes lingüísticas en Galicia, coa que pretendía obter unha visión do xeito no que a poboación do noso país concibe a lingua, a lexislación ao respecto ou os procesos de normalización entre outras cuestións deste ámbito. A enquisa, realizada en pleno debate social encol do Decreto para o Plurilingüismo do Ensino, amosa unha polarización nas opinións da nosa sociedade sobre a lingua. Carlos Neira analizou eses datos e agora presenta as súas conclusións no marco dos XIII Encontros de Normalización de Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega e que se celebran hoxe e mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.