Educación consultará os equipos de normalización para o decreto

A Coordinadora destas entidades entregoulle un decálogo de propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A xuntanza que mantiveron onte do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e mais os representantes da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, deu no compromiso da Xunta de consultar este colectivo á hora de elaborar o vidndeiro decreto sobre o galego no ensino. A Coordinadora entregoulle ao conselleiro un decálogo de "propostas para o consenso", na que sinala, entre outras cuestións, que cómpre garantir a presenza do noso idioma como mínimo no 50% do ensino, xa que "só así o alumnado poderá escoller en liberdade". Os equipos tamén se posicionan contra a separación por lingua ou contra a supresión dos programas de inmersión en galego en educación infantil.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Xesús Vázquez, Educación Infantil, Normalización Lingüística...