A Comisión Executiva da Real Academia Galega, acordou na xuntanza que se celebrou onte reclamarlle á sociedade e ao goberno galego que tomen medidas ante a situación da nosa lingua no esino. En concreto, a institución "urxe o goberno galego para que, cumprindo as previsións legais, en primeiro lugar, proceda a avaliar a evolución da situación do galego no ensino e os efectos desta nas competencias do estudantado nos niveis non universitarios (dun xeito especial, na educación infantil e primaria); e en segundo lugar, tome as medidas oportunas para asegurar que se cumpren os obxectivos marcados na Lei de Normalización LingüÃstica no referente ao sistema educativo como axencia de normalización da lingua galega, non de desgaleguización".
A reclamación chega só un dÃa despois de que A Mesa pola Normalización fixese públicos os datos que alertan da mingua da presenza do galego en educación infantil, e a RAG apunta que se produce "ante os diversos sinais que apuntan a un progresivo deterioro da situación do idioma propio do paÃs no sistema educativo".
A RAG lembra que o decreto para o plurilingüismo no ensino establece que se deberán avaliar periodicamente os resultados derivados da aplicación desta norma legal, algo que polo momento non se realizou.