
Henrique Monteagudo abre a iniciativa este 6 de novembro cunha xornada sobre "Castelao: a construción dunha nación". Despois do seu relatorio Ana Romero, Lourenzo Fernández Prieto e Pilar Garcia Negro protagonizarán o debate. "Castelao: Democracia e república" é o tÃtulo da segunda sesión do ciclo, que se desenvolve o 11 de novembro cun relatorio a cargo de Emilio GrandÃo e unha mesa na que participan Miguel Cabo, Eliseo Fernandez e Marilar Aleixandre.
Exilio e memoria son os eixes da terceira xornada, o vindeiro dÃa 12, con conferencia de Xosé Manoel Nuñez Seixas e Julian Bustelo AbuÃn, Miguel Anxo Seixas Seoane e Gonzalo Castro no debate. Finalmente, Ramón Villares correrá coa intervención principal do último encontro, centrado na cuestión "modernidade e cambio no primeiro terzo do século XX". Canda a el, participarán na actividade ese 19 de novembro Rosario Sarmiento, Xosé A. Fraga e Felipe Senén.
O proxecto está financiado pola propia Fundación Castelao e o Concello da Coruña e conta coa colaboración da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega.










