Tino Fraga foi escolleito o novo presidente do Instituto José Cornide

A entidade de estudos coruñeses inicia unha nova etapa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O que fora director dos Museos Científicos Coruñeses, Tino Fraga, acaba de se poñer á fronte do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. Fraga substitúe no posto a Andrés Fernández-Albalat e anuncia a súa intención de abrir o ente ao conxunto da sociedade coruñesa nos tres anos que está previsto que se prolongue o seu mandato. Deste xeito, oferta o instituto como unha entidade consultiva a o concello ou a calquera colectivo que teña interese. Entre os retos pendentes está conseguir unha sede axeitada para albergar os fondos do Instituto e recuperar a súa revista anual.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museos Científicos Coruñeses

Claves

Conceptos