A historiadora Ana Romero Masiá é a nova directora do Instituto Cornide

Busca unha renovación integral da institución histórica coruñesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ana Romero Masiá. Foto: Elisardojm / Wikipedia

Ana Romero Masiá. Foto: Elisardojm / Wikipedia

O Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, dependente do concello, era a institución que reunía os investigadores do pasado da cidade, pero estaba nunha situación crítica. Sen dirección desde hai dous anos e medio e con só oito membros dos vintecinco previstos polos institutos, xa que foran falecendo. A situación pode mudar a partir do nomeamento da catedrática de Historia xubilada Ana Romero Masiá como nova directora da entidade. Será ela a encargada de buscar novos membros que renoven a institución así como dinamizar os seus proxectos, tanto a xestión dos importantes fondos documentais que atesoura a entidade como as publicacións e novas iniciativas. Ana Romero Masiá é unha recoñecida investigadora, responsable da intervención nun castro emblemático da Idade do Ferro como é Borneiro (Cabana de Bergantiños) pero tamén investigadora do pasado contemporáneo da cidade coruñesa e, especialmente, das mulleres.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Mulleres, Idade do Ferro, Bergantiños