O Instituto José Cornide mostra os seus 60 anos de actividade

Unha exposición na súa sede fai un percorrido pola traxectoria da institución coruñesa

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeHistoriaExposicións
Compartir:
Momento da inauguración coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Foto: Concello da Coruña

Momento da inauguración coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Foto: Concello da Coruña

O Instituto "José Cornide" de Estudos Coruñeses inaugurou onte na súa sede da casa da Cultura Salvador de Madariaga unha mostra que recolle a historia dos seus cumpridos 60 anos de actividade desde a súa creación en 1964. A través de paneis e documentos, fundamentalmente, a mostra '60 anos do Instituto Cornide: Pensamento de cidade', debuxa a traxectoria desta institución en relación coa cidade herculina e a súa actividade cultural . A institución dependente do Concello leva o nome do ilustre polígrafo coruñés José Andrés Cornide e Saavedra, pretende honrar a súa memoria e ten como finalidade a investigación, estudo e divulgación en diferentes áreas temáticas, prestando especial atención á realidade socio-cultural e científica da cidade da Coruña, a súa zona de influencia e Galicia. Nese sentido, busca canalizar a actividade cultural das persoas interesadas no pasado, presente e futuro da cidade. Nesta mostra comisariada por Emilio Grandío pódense atopar referencias ao propio Cornide así como as achegas de do político e pensador Salvador de Madariaga ou do arquitecto Andrés Fernández-Albalat. O pasado ano o Instituto levou a cabo unha remuda na súa dirección co nomeamento da catedrática de Historia xubilada Ana Romero Masiá como nova directora da entidade coa intención declarada de dinamizar os seus proxectos, tanto a xestión dos importantes fondos documentais que atesoura a entidade como as publicacións e novas iniciativas. A exposición forma parte desta nova etapa.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Grandío, Documentais, Casa da Cultura, Cidade Herculina

Claves

Protagonistas