O Goberno recoñece como vítimas da guerra e da ditadura a Maruja Mallo e o seu irmán

Cristino e Maruja foron homenaxeados xunto a Lorca, Buñuel e María Moliner

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Maruja Mallo

Maruja Mallo

O Goberno de España ven de celebrar o Día de Homenaxe ás Vítimas do Golpe Militar, a Guerra e a Ditadura, no marco da Lei de Memoria Histórica, e no mesmo incluíse a homenaxe e o recoñecemento oficial como vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista a 18 persoas destacadas que sufriron represión, exilio ou asasinato. Entre estes nomes figuran os dos irmáns Ana María e Cristino Gómez González, máis coñecidos polos seus nomes artísticos: Maruja Mallo (Viveiro, 1902- Madrid, 1995), e Cristino Mallo (Tui, 1905-Madrid, 1989). Xunto ao nome da pintora da Xeración do 27 e do seu irmán, figuran, entre outros, os de Federico García Lorca e Luís Buñuel, cos que a artista conicidiu na Residencia de Estudiantes e o de María Moliner.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez e o ministro de Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, entregaron os diplomas a familiares das vítimas, destacando o valor simbólico deste recoñecemento. "Hoxe devolvémoslles o seu nome, a súa memoria e a súa dignidade”, expresou Sánchez, subliñando que a homenaxe busca reparar "décadas de silencio e esquecemento" cara quen defenderon a liberdade, a cultura e a xustiza social.

A pintora Maruja Mallo, da que arestora se está a celebrar unha importante exposición no Museo Reina Sofía en Madrid, viuse obrigada a exiliarse no estranxeiro, en Arxentina, onde seguiu a súa traxectoria que fixo dela unha das máis importantes artistas surrealistas europeas. Pola súa banda o seu irmán, o escultor Cristino Mallo estivo implicado no bando republicano tras do golpe de Estado fascista, participando na Alianza de Intelectuais Antifascistas, para a que creou cartelaría e traballou na revista El Mono Azul. Terminada a guerra permaneceu en España, pasou polo cárcere e logo foi relegado ao que se coñecía como "exilio interior".

Que che parece esta nova?
122 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Occidente de Mallo

Occidente de Mallo

A galería About Art afonda nunha mostra a relación de Maruja Mallo na Revista de Occidente

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruja Mallo, Lorca, Madrid, Federico García Lorca...