Occidente de Mallo

A galería About Art afonda nunha mostra a relación de Maruja Mallo na Revista de Occidente

En 1922, Maruja Mallo “a musa do surrealismo”, trasladouse a Madrid a estudar Belas Artes na Academia de San Fernando. Foi alí onde coñeceu a Salvador Dalí, Federico García Lorca, Luis Buñuel, María Zambrano ou Rafael Alberti, quen foi un dos seus grandes amores. Foi nesa época na que entrou en contacto co filósofo José Ortega y Gasset, quen vendo a cualidade da súa obra organizou a primeira mostra de Maruja Mallo en Madrid, nos salóns da Revista de Occidente. Publicación na que artista pasaría a colaborar activamente. Agora, a Galería About Art (Pasantería 9, Pontevedra) repasa esa relación cunha exposición titulada “Maruja Mallo y la Revista de Occidente” (ata o 8 de xuño).

A mostra inclúe as imaxes orixinais que se pubilcaron na revista, así como diversos textos e fotografías realizados pola propia artista en 1979 e por Soledad Ortega, filla de Ortega y Gasset.

Imaxe de Maruja Mallo con Pablo Neruda en Chile

Imaxe de Maruja Mallo con Pablo Neruda en Chile