Viveiro contará cun centro de interpretación dedicado á obra de Maruja Mallo

Dosier: Maruja Mallo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Viveiro contará cun centro de interpretación dedicado á obra de Maruja Mallo

Naceu en Viveiro en 1902 aínda que Maruja Mallo sempre dicía que fóra en 1909. Por ese motivo, será no 2009 cando se celebre o centenario do seu nacemento. Daquela, segundo publica hoxe La Voz de Galicia, existirá na súa localidade natal un centro de interpretación dedicado a investigar e a analizar a súa obra. O centro estárá financiado polo Ministerio de Cultura que tamén contribuirá a expor nesta localidade as obras da artista que están no Museo Reina Sofía. Ademais, o ministerio tamén se implicará economicamente nas dúas primeiras edicións da Bienal Maruja Mallo que promove o alcalde do concello, Melchor Roel.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruja Mallo, Viveiro, La Voz de Galicia, Museo Reina Sofía...