Un congreso e unha exposición honran a Maruja Mallo e a Fernández Mazas

Mazas en Mallo

A plástica galega vólcase estes días en honrar a dúas figuras: Maruja Mallo (Viveiro, 1902- Madrid, 1995) e Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902-1942). Entre outras cousas porque este ano se cumple o centenario dos seus nacementos. Se Viveiro fixo o propio cun congreso no que a palabra, a imaxe, a música e a danza renderon homenaxe á súa artista máis coñecida, tivo que ser en Madrid onde se rescatase do esquecemento ó polifacético Fernández Mazas.

Maruja Mallo auténtica




Esta fin de semana Viveiro quixo festexar por todo o alto que era a patria dunha das creadoras do surrealismo máis importantes, xa non so de Galicia, senón tamén do panorama plástico e artístico internacional. E celebrouno cunha multitude deactos que pretenderon dar conta de todo o seu periplo vital, ademais da importancia da súa obra. E para iso os organizadores, o Instituto Lucense de Expresión e Arte, en colaboración co Concello de Viveiro, trouxeron ata a localidade ó francés Serge Faucheraou, que é un experto na obra da pintora e que ofreceu unha conferencia na que repasou a súa traxectoria e a evolución do seu traballo, que navegou desde as fouces do surrealismo ata a abstración, e de aí cara un novo clasicismo.
E o congreso sobre Maruja Mallo veu acompañado doutras novas sobre a artista. Unhas novas de carácter "legal", xa que o xulgado de instrucción número 1 de Padrón, acabada de dictar un auto no que declaraba que as obras de Maruja Mallo (que foran requisadas pola policía en 1999 por presunta falsificación) eran auténticos. Unha denunciaque estaba aberta contra o marchante de arte afincado en Nova York, Carlos Bergantiños, quen denunciou no seu día ós galeristas madrileños que tiñan exclusividade na venda de pinturas da artista e que vendían obras a prezos máis caros. As obras sobre as que pesaban dúbidas sobre a autenticidade da súa autoría son "Máscaras" da colección Caixavigo (hoxe Caixanova); "Tres máscaras" e "Retrato" propiedade dos irmáns Bergantiños; "Dos máscaras con mariposas" y "Dos máscaras con caracoles" propiedade da Fundación Caixa Galicia, e "Dos máscaras con atleta" e "Dos máscaras con atleta y mariposa", propiedad do empresario padronés José Manuel Cortizo.












E homenaxe a Fernández Mazas


Ten que ser en Madrid onde se saldará unha débeda histórica co pintor, escritor, ilustrador, crítico e humorista ourensán, Cándido Fernández Mazas. E máis concretamente, esta homenaxe que se produce co gallo do centenario do seu nacemento, ten forma de exposición. O vindeiro día 3 de abril o Círculo de Belas Artes de Madrid inaugurará unha mostra antolóxica que recorda á que anunciou o CGAC hai dous anos.

A exposición acolle unha mostra da obra pictórica de Fernández Mazas, ademais do seu traballo como gravador e ilustrador en prensa. E non só iso, como é unha antolóxica o responsable deste proxecto, Xosé Manuel Bouzas, non se queda só nesa faceta, senón tamén como escritor.

A mostra, que é iniciativa persoal de Bouzas, tivo a súa orixe cando no Círculo de Bellas Artes se organizou unha mostra de Francisco Miguel. Un pintor que xunto con Fernández Mazas e Huici están considerados os grandes pintores das vangardas. O principal atranco que tivo esta mostra foi a dificultade