O Ministerio de Cultura implicarase na celebración da Guerra da Independencia en Vigo

Tamén organizará exposicións sobre Ramón Cabanillas e Maruja Mallo

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

Vigo celebrará no 2009 o segundo centenario da Guerra da Independencia (1809-2009) cunha exposición. Unha iniciativa na que se implicará o Ministerio de Cultura a través da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais. A mostra pretende ofrecer unha visión xeral do que supuxo esta guerra tanto a nivel estatal e autonómico como local. Non será a única exposición que organizará esta entidade que dirixe o vigués Jose Luis García Canido, xa que ten prevista unha exposición en Pontevedra e Cambados para celebrar o cincuentenario do pasamento de Ramón Cabanillas e está a preparar outra sobre Maruja Mallo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Occidente de Mallo

Occidente de Mallo

A galería About Art afonda nunha mostra a relación de Maruja Mallo na Revista de Occidente

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Ministerio de Cultura, Vigo, Ramón Cabanillas...