Lalín amosa as obras de Maruja Mallo e Luís Seoane en Bos Aires nunha exposición

Creacións máxicas de medidas exactas pode verse ata o vindeiro 13 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Lalín amosa as obras de Maruja Mallo e Luís Seoane en Bos Aires nunha exposición

O Museo Ramón María Aller de Lalín inauguraba este 10 de xaneiro a mostra Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965). A exposición achega un repaso polo período no que estes creadores desenvolveron o seu traballo en Arxentina mediante un percorrido por 43 obras, 18 de Mallo e 25 de Seoane. O proxecto, comisariado por Antón Castro, recolle obras de coleccións particulares das que moitas non saíran ao público ata o momento e está organizado polo Concello de Lalín e a Consellaría de Cultura. A exposición, aberta ata o 13 de marzo, fai parte das celebracións da 52 Feira do Cocido de Lalín.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruja Mallo, Bos Aires, Luís Seoane, Antón Castro...