Unha exposición amosa o legado de Luís Seoane en mans privadas

A exposición pode verse na Fundación Seoane ata o 27 de outubro

5/8/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
1 lecturas | Compartido 0 veces

Agardando sempre. Luís Seoane, 1969

Ata o vindeiro 27 de outubro a Fundación Seoane acolle a mostra Luís Seoane nas coleccións privadas I. O proxecto é o primeiro dunha serie de mostras coas que a Fundación quere amosar o legado do artista galego que ata o de fica en mans de particulares. A exposición que se pode ver desde o pasado 10 de xullo na Coruña recolle máis dun cento de obras entre óleos, gravados, álbumes, debuxos,
carteis, documentos e mostras do labor editorial do artista pertencentes a vintedous coleccionistas galegos. Os responsables da Fundación salientan as posibilidades que as obras en coleccións privadas achegan á hora de coñecer a traxectoria do artista.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades