A Fundación Seoane acolle a Granell

A entidade coruñesa tamén lle dedica unha mostra a Seoane este verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Mosaico. Luís Seoane. 1974

Mosaico. Luís Seoane. 1974

Luís Seoane e Eugenio Granell comparten espazo este verán. A sede da Fundación Seoane na Coruña dedícalle cadansúa exposición a estes creadores ata o vindeiro 23 de agosto. O regreso dos amantes é o título da mostra que fai un percorrido pola obra de Granell ao tempo que conmemora o vinte aniversario da fundación que leva o nome do pintor e o seu vencello coa cidade da Coruña. En paralelo, Cada cabeza unha cor é a primeira dunha serie de exposicións temáticas dedicadas a Seoane. Desta volta, coa intención de abordar a relación do artista coa cor, preséntase unha selección de fondos da entidade cunha trintena de obras que abranguen óleos, gravados, tapices e producción editorial.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, A Coruña, Luís Seoane, Exposicións...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares