Lalín acolle a IV Edición de Emporcarte

Un total de 43 artistas participan desde sábado na exposición no museo Ramón María Aller

27/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo Ramón María Aller de Lalín acolle a partir do vindeiro sábado a IV Edición de Emporcarte, a exposición cultural vencellada á festa do cocido da localidade. En total, o proxecto reúne este ano obras de 43 artistas, 23 deles do Deza, todas elas co porco como eixe común. Paco Lareo, Lomarti, Patricia Fernández Paz, Itziar Ezquieta, María Porto ou Monique Van Steen son algúsn dos autores presentes no evento. De xeito paralelo á mostra, o vindeiro sábado celébrase taméno XVI Cocido das Artes, que reúne a 70 creadores arredor do prato emblemático da vila.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Ramón María Aller, Deza

Claves

Protagonistas
Lugares