Artistas de dez países cítanse para crear na Solaina de Piloño

Comezou o IX Obradoiro Internacional das Artes Plásticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Artistas de Macedonia, Bulgaria, Portugal, Estados Unidos, Kosovo, México, Inglaterra, Brasil ou Gales, ademáis de Galicia e Portugal, xuntaranse na Solaina de Piloño, dentro do proxecto Encontros Rurais no Rural que organiza anualmente a Fundación que mantén esta Casa Museo no concello de Vila de Cruces e que preside o artista Paco Lareo. Os artistas participarán en múltiples obradoiros na casa e terán oportunidade de coñecer a cultura local: a gastronomía, o turismo rural no Deza, o CGAC. As creacións artísticas que se farán nos obradoiros poderanse ver con posterioridade no Museo Ramón María Aller de Lalín, e tamén se editará un catálogo.

Onte, os encontros iniciáronse coa inauguración da escultura ao "Artista descoñecido", deseñado por Paco Lareo e esculpido por "O Vila".

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Portugal, Ramón María Aller, Turismo...