A Solaina de Piloño refundarase na Fundación Paco Lareo

Inicia agora unha fase de reformas financiadas con cargo a unha axuda de Agader

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Paco Lareo (Piloño, 1938) é un creador que doou unha propiedade familiar para iniciar, hai case dúas décadas, un proxecto que serviu para dinamizar o contorno rural con actividades culturais. O resultado foi a Solaina de Piloño (Vila de Cruces) que alberga desde residencias para artistas plásticos (co encontro que se celebra en anos pares) ou literarias (cun encontro a “Forxa literaria” que traslada ó mundo das letras o espírito que fixo co mundo da arte). Agora, pendente de iniciar as obras con cargo a unha axuda da Agader (preto de 180.000 euros) para acondicionar a casa e a súa contorna, a Solaina acometerá unha remodelación. Cambios que pasan por buscar unha maior implicación veciñal ata un cambio de nome. O padroado que xestiona a actividade da Solaina dediciu convertela na Fundación Paco Lareo en recoñecemento a todo o traballo desenvolvido polo fundador e promotor desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vila de Cruces

Claves

Lugares