A Solaina celebra unha nova edición da forxa, un encontro literario e musical

Leva unha década organizando encontros culturais no rural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cándido Pazó, Celsiño, María Lado, Andrea Porto… son algúns dos poetas e narradores que participan na X Forxa Literaria. Unha particular actividade cultural organizada pola Solaina de Piloño (Vila de Cruces), unha entidade que leva varios anos traballando en promover a cultura no rural. O encontro, que comeza o vindeiro xoves, contará cunha proxección audiovisual sobre Luís González López “Ferreiro”, seguido dunha presentación literaria (venres 8, “O vento do nordés” de María Dolorez González) e as homenaxes a dúas personaxes da comarca (Daniel González González e Jose María López López). O décimo encontro remata o domingo co tradicional recial poético musical e a entrega da declaración de “Amigo de Asolaina" a: Xosé Luna, Valentín García Gómez, José Mª López López, Xoán Xosé Fernández Abella e Futbol Sala Piloño de Caracas, recolle Adolfo Soto Barcala),.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Fernández, Cándido Pazó, Valentín García, María Lado...