Quiosco: Raigame analiza a figura de Celso Emilio Ferreiro e Valentín Paz Andrade

A revista está editada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Portada da revista

Portada da revista

O ata agora último número -36- da revista Raigame, editada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, dedica un monográfico ás dúas figuras homenaxeadas este ano a nivel institucional. Deste xeito, Celso Emilio Ferreiro é tratado en textos de Francisco López-Barxas, Antonio Piñeiro, Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, José Ángel García López ou Ramón Nicolás. O perfil literario, empresarial e cultural de Valentín Paz-Andrade conta con traballos de Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luís Pérez Rodríguez, Charo Portela Yáñez, Emilio Rodríguez Portabales ou Clodio González Pérez, canda unha cronobiografía de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández. A revista tamén conta coa colaboración de Xosé Neira Vilas.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Raigame 37

Quiosco: Raigame 37

Isaac Díaz Pardo protagoniza a revista do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

Quiosco: Raigame 35

A revista etnográfica que edita a Deputación de Ourense publica un monográfico sobre Neira Vilas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Xaquín Lorenzo, Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, Valentín Paz Andrade...