Lalín dedica a mostra EmporcARTE ao desaparecido Paco Pestana

A exposición arredor do mundo do porco e o cocido está aberta ata o vindeiro 14 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Lalín dedica a mostra EmporcARTE ao desaparecido Paco Pestana

Ata 43 artistas, galegos, españois e algún estranxeiro, participan este ano do XI EmporcARTE, a mostra que se abre en paralelo á Festa do Cocido de Lalín engadindo un compoñente artístico ao evento. A exposición, inaugurada este pasado sábado está conformada por obras escultóricas, fotográficas e pictóricas que teñen como temática común o mundo arredor do cocido de porco. O Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa acolle esta mostra ata o vindeiro 14 de abril. Este ano o concello de Lalín decidiu dedicar ao falecido artista lucense Paco Pestana esta edición da mostra en recoñecemento á vinculación que sempre tivo con Lalín e a Feira do Cocido, da que nalgún momento deseñou o cartel. Na inauguración Tereixa Taboada, dedicou unha intervención a recordar a Pestana. No acto participaron tamén o presidente do Parlamento, Miguel Santalices e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paco Pestana, Ramón María Aller, Román Rodríguez, Ramón María Aller Ulloa...