Non é só unha feira de enchenta. A Festa do Cocido de LalÃn (Pontevedra) é un evento cultural e social que pretende homenaxear a un dos produtos estrela da gastronomÃa galega: o porco. Coa tradicional matanza achegan a tradición, coa gala gastronómica e cunha asociación (“Encomenda do cocido") ofrecen espectáculo e cunha serie de concursos popularizan un prato que este domingo cumpriu 37 edicións. É a primeira das citas gastronómicas do ano.
A comarca do Deza é unha zona de referencia dentro do sector agropecuario galego, onde o porco e a vaca son os produtos estrela. Ao redor desta realidade socioeconómica en 1969 o Concello decidiu crear unha festa que mantivese estes “manxares” no epicentro da súa celebración. NacÃa asà o que hoxe se popularizou como “Cocido de LalÃn”.
“A feira do cocido é un elemento cultural, económico, gastronómico e turÃstico pero non só de LalÃn senón de toda a súa comarca”. Deste xeito o concelleiro de Promoción Económica Ramiro Ruibal, destaca as múltiples vertentes que deu de si un prato de comida. “Desde hai cinco anos levamos traballando para que a festividade non se reduza a un único dÃa, de tal xeito que abrangue moitas disciplinas e actividades que se concentran durante todo o ano”.
Un revival “made in Galicia”
Empezamos polo primeiro, polo propio prato gastronómico, principio e fin de toda esta celebración. Cocidos hai moitos pero todos son distintos. Desde o cocido maragato ao cocido madrileño, pasando polo cocido de LalÃn son formas de preparación dos alimentos pero que se diferencian principalmente polos ingredientes empregados.
Na elaboración de cada un deles bótase man dos produtos do lugar. O cocido maragato leva morcilla e cecina; o elemento principal do cocido madrileño son os garavanzos, mentres que o cocido de LalÃn incorpora todos os ingredientes da zona: grelos, garavanzos, patacas, lacón, cacheira, chourizos e tenreira (“de LalÃn”, como non podÃa ser doutro xeito). Cada un ten o seu estilo e desde o concello de LalÃn quixeron coñecer e comparar as diferentes formas de preparalo. Ramiro Ruibal explica que “o ano pasado descubrimos o cocido maragato, mentres que este ano fomos a Potes (en Cantabria) para coñecer o lebaniego”. Forma parte da actividade chamada “Os Cocidos do Camiño”, que pretende poñer en común a todo os pobos das distintas rutas do Camiño de Santiago que teñen o cocido como prato tÃpico. Unha actividades que terá o seu punto forte nun futuro cando, segundo explica o concelleiro, “poidamos rematar facendo un gran encontro de cocidos nunhas xornadas internacionais que nos permitan intercambiar cocidos de todas as partes”. Pese a que temos a resaca do cocido tan próxima, desde o concello xa teñen os ollos postos en Nova York, a onde queren levar o prato lalinense por excelencia.
A implicación social
Desde 1969 ata hoxe, o dÃa grande da festa (a semana antes do Entroido) foi mudando pouco na súa celebración. Comparsas, carrozas e charangas desfilando pola rúa principal; os postos no campo da feira e milleiros de persoas polas rúas da vila. Ten unha dimensión social porque, como toda boa festa gastronómica que se prece consigue mobilizar a unha masa. Tendo en conta que o cocido se celebra en xaneiro, que LalÃn rexistra das temperaturas máis baixas de toda Galicia no inverno, unhas 50.000 persoas de media é unha cifra nada desprezable.
Pero a dimensión social non remata en bater marcas de participación, senón na recuperación de tradicións relacionadas coa elaboración do propio prato e implicar á colectividade (veciños ou non veciños). Boa parte disto conséguese a través das “matanzas tradicionais”, festividade que se celebra dous domingos antes do dÃa grande e que cada ano ten lugar nunha parroquia diferente da comarca. Ademais, para a súa divulgación a actual corporación municipal creou unha “encomenda do cocido” que, segundo explica Ruibal “é unha sociedade sen ánimo de lucro que pretende distinguir a personalidades que sexan amigos do concello de LalÃn e que han de servir como voceiros do noso cocido”. Formar parte da orde implica unicamente ter a obriga de comer o cocido de LalÃn unha vez ao ano e enfundarse unha capa deseñada polo afamado deseñador lalinense Florentino. Este ano súmanse á orde dous deportistas, por unha banda David Cal e pola outro o ex-entrenador da selección española de balonmán, Juan de Dios Román.
“Pero temos moitas máis actividades que van desde os venres básicos (concertos musicais), Rally do cocido, o campionato de motocross, e unha serie de actividades que van incluÃdas dentro do programa e que se celebran desde o mes de xaneiro ata abril”, deste xeito o concelleiro resume un completo abano de actividades de moi diferente Ãndole e que, aÃnda que non teñen que ver coa festividade en si mesma, si están relacionadas dalgún xeito coa historia local.
O espectáculo
Por último, entre festa pagá que é, e o próximo que está o Entroido, o Cocido de LalÃn ten tamén un certo compoñente de espectáculo. As coplas satÃricas co que as múltiples charangas compiten pola rúas do desfile, e a gala gastronómica que converte o pavillón municipal nun plató da TVG, dotan ao Cocido de LalÃn desa dimensión de espectáculo que rodea a toda festa gastronómica que se prece.
Para os que onte non estiveron na capital do deza, Ramiro Ruibal lémbralles “de San Amaro a San ValentÃn, o cocido por LalÃn”.