Actividades culturais acompañan a programación da XLII Feira do Cocido

Curtametraxes, marionetas e concertos destacan na oferta arredor deste encontro gastronómico

28/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualsociedade
20 lecturas | Compartido 0 veces
O vindeiro 7 de febreiro celébrase en Lalín (Pontevedra) a XII edición da Feira do Cocido. Alén das actividades tradicionais dese día (lectura do pregón, e desfile de carrozas, charangas e comparsas), a celebración contará con actividades culturais que se desenvolverán ao longo do mes do cocido. Entre elas destaca o Feito en Lalín (proxección de curtametraxes do lalinense Román Gutiérrez da Silva, actuacións de maxia e contacontos, ou a actuación de Liñnho do Cuco), o Titirentroido (do 13 ao 16 de febreiro) o os concertos da Banda de Música. Canda isto, haberá a tradicional matanza do porco, a semana gastronómica do cocido de Lalín en Madrid e a Gala da Gastronomía (emitida en directo pola TVG).

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades
TVG