O Centro Botín de Santander explora a actualidade da obra de Maruja Mallo

A mostra 'Maruja Mallo: Máscara y compás' pódese ver ata o 14 de setembro de 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Maruja Mallo

Maruja Mallo

O Centro Botín de Santander inaugurou a exposición 'Maruja Mallo: Máscara y compás. Pinturas y dibujos de 1924 a 1982', unha mostra reúne un cento de obras cada textos e fotografías que amosan a perspectiva total dunha artista que non só foi unha das representantes destacadas da xeración do 27, senón que "foi unha artista visionaria, que logrou reflectir as preocupacións da súa época e anticiparse a moitas das nosas". A mostra está comisariada por Patricia Molins, do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, e está organizada de xeito cronolóxico respectando as súas series de pinturas, "desde o realismo máxico e as composicións de carácter surrealista dos seus primeiros anos ata as configuracións xeométricas e fantásticas das súas últimas obras". Esta será a cuarta exposición relevante que se realize sobre Maruxa Mallo. A exposición está organizada polo Centro Botín e o Museo Reina Sofía.

Que che parece esta nova?
168 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A primeira Maruja

A primeira Maruja

A exposición máis completa de Maruja Mallo descubre novas facetas da artista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruja Mallo, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Reina Sofía