É a artista plástica máis destacada da historia da arte galega e española do século XX. Pero a vida de Maruja Mallo está cargada de tópicos, mitos e historias ás veces non o suficientemente documentadas e moitas das súas obras permanecían agochadas en colección particulares. A Fundación Caixa Galicia desempoa e rescata a súa figura da sombra cunha grande exposición e cun ensaio (resultado do premio Ánxel Fole que convocou con El Progreso) que achega novidades con respecto á artista.
Maruja Mallo gustaba de fantasear coa súa idade e malia que naceu en Viveiro en 1902, sempre dicía que nacera en 1909. Esta anécdota agocha parte da súa personalidade, fantasiosa, creativa e ocorrente que a caracterizou ao longo da súa axitada e vida. Amiga de Salvador Dalí, Federico García Lorca, Luis Buñuel, de Rafael Alberti, de Ortega y Gasset, viviu moi próxima á xeración do 27, aínda que ela non chegou a formar parte dese grupo. Para Carlos Nuevo Cal que, xunto con Emilio Ínsua son os coautores do ensaio sobre a artista que gañou o premio Ánxel Fole, explica non é certo que fora tan determinante a influencia dos integrantes da Xeración do 27, ela mantivo sempre un camiño moito máis independente e estivo máis influído por xente como Torres García (impulsor do Grupo de Arte Construtivo do Madrid dos anos 30). Pero para Carlos Nuevo, unha das novidades deste estudo, que se centra nos primeiros anos da artista e aínda está inédito, é a influencia que desenvolve Galicia na personalidade de Mallo. Malia que viviu aquí poucos anos, ela volve en numerosas ocasións a Galicia e isto nótase na súa obra e na súa personalidade explica Nuevo Cal. Para este investigador, a temática popular que reproduce nas súas obras está totalmente influenciada polo seu país, e ademais, descubrimos citas súas nas que fala da importancia do popular e do próximo. Emilio Insua, coautor da investigación, engade que Maruja ten unha imago construída, que é a que circula nas principais publicacións de muller moi casquivana, moi lanzada, moi despreocupada e impulsiva, e resulta que nós descubrimos dous aspectos diferentes. En primeiro lugar que era moi traballadora, moi constante, que dedica moito tempo á construción dos cadros (e ao mesmo tempo perfeccionista, que a levou a destrozar moita obra) e en segundo lugar, que era una muller que abrazou un compromiso político completo. Pola contra do que se ten dito, ese compromiso político non a obrigou a marchar a Arxentina ao remate da Guerra Civil, senón que Nuevo Cal defende que ese exilio foi voluntario.
A exposición
Xunto ás novidades do estudo que proximamente verá a luz, a exposición que hoxe abre as súas portas en Vigo (Casa das Artes, Policarpo Sanz, 15) ofrece 142 pezas das diferentes etapas da traxectoria desta artista. En colaboración da Sociedade Estatal de Conmemoracións Cultural e o concello de Vigo, a exposición ofrece o perfil máis amplo da artista pero destaca, sobre todo, que se localizaron obras fundamentais da artista que estaban en paradoiro descoñecido. De feito, preto do 30% das obras que se exhiben nesta mostra chegan desde coleccións particulares de diferentes partes do Estado. Museos, coleccións de arte de entidades financeiras, deputacións e a Residencia de Estudantes son outros dos lugares de orixe desta mostra comisariada por Fernando Huici e Juan Pérez de Ayala que estará aberta ata o 10 de xuño. Pero na mostra non só se poderán ver obras como A isleña (1927) ou Estrelas de mar (1952) senón que tamén incorpora debuxos e bosquexos que establecen o punto de partida do itinerario creativo, así como fotografías e publicacións da época. Materiais que permitirán descubrir a súa obra e situala no seu contexto. Ademais, como é habitual nas mostras organizadas pola Fundación Caixa Galicia, o Servizo Didáctico ofrecerá visitas guiadas e un programa divulgativo destinado a escolares e estudantes.
De xeito paralelo á exposición, nos vindeiros meses editarase un catálogo referencial sobre a artista, ademais da presentación dun filme documental que recolla a traxectoria e a biografía da artista. Estes dous trabalo están producidos pola Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais baixo a coordinación do Ministerio de Cultura.

Cabeza de mujer, 1946
El Espantapeces, 1931
El racimo de uvas, 1944
Elementos para el deporte, 1927
Maruja Mallo con manto de algas. Chile, 1945
Máscaras con mariposas. ca. 1950-55
Máscaras, s. f
Naturaleza viva, 1942
Plástica escenográfica, 1930
A Maruja Mallo inédita
Protoesquema, s. f. (h. 1982)