Conde Varo presenta o seu segundo disco '14:41'

O compositor compostelán ofrece un traballo de pop -rock de autor

| Santiago. Redacción / S. Montes | Seccións: Música
Compartir:
Conde Varo presenta o seu segundo disco '14:41'

Conde Varo é o proxecto co que Xián Gómez (Santiago de Compostela, 1998) tenta poñer en palabras todas esas cousas que sentimos e non sempre sabemos como expresar. Tras un primeiro disco longo 'Proyecto Manhettan, Auto editado, 2022) ven de presentar este verán un novo traballo '14:41' (Autoeditado, 2025), do que adiantou tres pezas o pasado ano nun EP e que agora chega con dez temas de composición propia. Pop-rock de autor con moitas influenzas melódicas nalgúns casos e máis "sureñas" noutros, coas guitarras en primeiro plano e con letras pegadizas e retrousos moi pop que dan conta de historias universais de intimidade, tristura, amor e desamor. Un traballo de composicións axustadas e boa calidade instrumental que buscará promocionar en vindeiras datas e que de seguro ten boa acollida en circuítos de cantautor e de pop -rock. O disco xa está dispoñible nas plataformas dixitais.

Que che parece esta nova?
213 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Rock, Santiago de Compostela, Medios de comunicación