Vizcaíno chega con Alas de papel

Xabier Pérez achega dez temas de autor no seu primeiro traballo

23/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Desde o Incio chega o primeiro traballo de Vizcaíno, nome artístico de Xabier Pérez. Alas de papel, autoeditado, achega dez temas de autor con carácter urbano e toques rock. Aínda que cantado maioritariamente en castelán, o volume inclúe tamén o tema en galego Sete chorares. Concibido en Sudamérica, o disco nace logo de só dous anos de carreira musical deste compositor. Unha xira por todo o Estado e varias actuacións por Arxentina están a servir para presentar o traballo do cantante.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Sudamérica, Arxentina

Claves

Conceptos