Secho y los invisibles debutan con Xa fai un tempo

Discos da Máquina presenta o primeiro traballo da banda

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Secho y los invisibles debutan con Xa fai un tempo

Rock, pop, folk, toques de blues e fondo de cantautor. Secho y los invisibles manteñen a fórmula coa que están a traballar desde 2009 en Xa fai un tempo o seu primeiro traballo discográfico. Discos da Máquina presenta este álbum, no que a banda que lidera Sergio Castiñeiras aposta polo formato de cuarteto e o autor e cantante acompáñase de Benjamín Vázquez, Anxo Araujo e Roi Castaño. Temas íntimos e urbanos con toques de denuncia social danse cita neste traballo, que se gravou en Una Casa Cualquiera por Anxo Araújo. Logo de estrear o novo traballo na compostelá Casa das Crechas, o grupo continúa a súa xira de presentación con concertos por todo o país.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Rock, Blues, Folk...

Claves

Entidades
Conceptos